As Actas Escuras: ANÁLISE TEXTUAL.

Sobre o ESPAZO ESCÉNICO podemos decir que a escenografía se pode distribuír nun escenario á italiana.
En canto ao ESPAZO DRAMÁTICO, temos diferentes escenografías: o cuarto de Don Mauro da primeira e última escena, a estación de tren, a rúa, o interior da Catedral de Santiago de Compostela e nos altos da mesma, o cuarto no que se quedan Don Mauro e Casiano na súa visita a Santiago de Compostela, a biblioteca, a capela etc. O espazo na obra é múltiple e xira arredor da cidade de Santiago de Compostela cos seus bares, barberías, ruelas na noite e, sobre todo, o es¬pazo relixioso, que será o que cobre máis importancia. Así, as estancias catedralicias aparecen descritas como «paredes ateigadas de libros e retra¬tos doutros cardeais e santos» onde «todo ten un aire triste e rancio como saído doutro tempo».
Este espazo sérvelle ao autor tamén para criticar os medios de transporte que chegan a nosa Comunidade. A comezos da obra dísenos que ámbolos dous protagonistas chegan a nosa Comunidade por medio dun avance tecnolóxico como é o tren, tren que porén chega por medio de Portugal, xa que semella que Galicia está aislada do resto do estado español e tan só ten comunicación a través da dilixencia. (Cabe salientar que aínda hoxe a nosa Comunidade vese a espera dos novos adiantos, a día de hoxe estamos a agardar tolo tren da Alta Velocidade, do que goza gran parte do territorio nacional)


Por norma xeral, atopámonos fronte a unha obra na que as escenas están protagonizadas pola escuridade, só interrumpida por luces ténues. O ambiente estético que reproduce o texto é frío, escuro, antigo…

As ACOUTACIÓNS ou DIDASCALIAS indican a escenografía na que transcurre a acción, sitúan a obra espacialmente, pero tamén nos falan dos personaxes e, dun xeito moi poético, describen elementos como a luz, as personalidades dos protagonistas, os efectos visuais (o fume, por exemplo), etc. Nesta obra as didascalias non ocupan grande parte da mesma, senón que a maioría do texto son diálogos entre personaxes.

O TEMPO da obra esta concibido como un longo flash back no cal, dende o leito de morte, Don Mauro lembra a súa viaxe a Santiago de Compostela co seu sobriño Casiano para investigar a veracidade histórica das reliquias do apóstolo Santiago e os seus discípulos e comunicarlle esa información ao cardeal Payá e outros súbditos da Santa Catedral de Santiago. É unha obra dividida en trinta escenas, dúas das cales se producen no tempo presente da obra. As demáis forman o nó da historia coma se fosen unha grande analepse. A última escena é continuación directa da primeira, polo cal podemos dicir que a obra ten unha estrutura circular. Algo similar ocorre coa escena dúas e a vintenove, as cales se situan na estación de tren, onde aparecen Don Mauro, Casiano e tamén Xan de Nartallo.



En canto ao ritmo, podemos dicir que é unha obra bastante lenta, con parlamentos medios e longos que, quizáis polas características dos personaxes que os pronuncian ou polo ambiente xeral da obra, ata as réplicas curtas resultan lentas e mesmo aburridas. Hai algúns momentos da obra nos que o ritmo cobra vida, cando na estación se nos describe o ambiente concurrido, cheo de personaxes que levan a cabo accións con présa, o una escena titulada ‘A xuntanza’, na que Casiano, mediante as súas réplicas, longas en extensión, da impresión de ir subindo o ritmo e o ton gradualmente, seguramente por nerviosismo, inquietude, insistencia ou enfado.


É un texto de complicada comprensión, non moi sinxelo de ler, dependendo dos gustos é unha obra que pode resultar pesada e que, sen dúbida, mostra grandes complicacións á hora de poñela en escena, non tanto polas escenografías, nas que sempre se pode acudir ao simbolismo, senón polos longos parlamentos e pola facilidade coa que se pode aburrir ao público asistente. Sen dúbida, como director, enfrontarse a un texto como As Actas Escuras é arriscado e complicado e merece ser pensado e valorado antes de poñerse mans á obra, e nunca mellor dito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario