OS PERSONAXES

Don Mauro
No primeiro acto preséntasenos no seu leito de morte, agardando por esta «coa serena placidez de quen sabe que é a fin de todos os camiños». Nas didascalias informasenos de que é un ancián cego e esmirrado de aspecto e maneiras venerables. Don Mauro é un home recto e bondadoso, de prin¬cipios morais inquebrantables e afán de coñecemento. El sabe por boca do seu amado sobriño Casiano o resultado do ditame papal respecto da in¬vestigación que os mantivo ocupados meses atrás. Nese ditame dáse por pechado o proceso de investigación arredor da verdade do enterramento dos ósos do apóstolo no Santo Sepulcro da catedral. Con esta nova, don Mauro non entrega o seu propio ditame e decide morrer escoitando un cuplé de Rosarito, a muller de Casiano, e renunciar a recibir o sacramento da extrema unción.

Casiano
Licenciado en Historia, traballa na Biblioteca Nacional. É novo, impruden¬te e avantaxado alumno da Institución Libre de Enseñanza e seguidor da doutrina krausista. É un personaxe no que abundan as intervencións curtas, as cales o identifican de seguro de sí mesmo. É teimudo. Ante o seu tío, Don Mauro, presenta unha actitude cariñosa e de moito respecto. Ante o resto dos personaxes, sobre todo dos coengos, amósase atrevido, á defensiva.

O Cardeal Payá y Rico
Preséntasenos como un home falsamente sinxelo, algo protocolario e, so¬bre todo, oposto ao progreso científico, xa que este significa un bulir de ideas que van en contra das doutrinas da Santa Madre Igrexa. Payá y Rico é prudente e interesado e sabe que, para mandar na institución eclesiás¬tica, debe servir os intereses desta e non dubida en facelo. Debido á súa actitude de condescendencia con respecto dos desexos do Papado suxírese o seu nomeamento como alta dignidade do primado de España. Sabe po¬ñer a súa oratoria ao servizo do que máis lle convén.

López Ferreiro
Preséntase como un home culto e sinxelo, carlista convencido, indepen¬dente e amigo da verdade e do rigor arqueolóxico.

Labín
Representa a opinión da Igrexa. É un canónigo que tamén se atopa na investigación xunto a López Ferreiro. Semella dende un principio non estar moi de acordo coa exploración dos restos do Apóstolo.

Xan de Nartallo
É un canteiro cego que traballou na catedral e, por querer ver de máis, ficou cego. Exercerá de guía das investigacións de Don Mauro e Casiano, sen sequera estes sabelo. É un personaxe que resulta misterioso polas súas aparicións sempre rodeado de fume e escuridade.

Doutor Casares
Segundo o seu monólogo do capítulo XII, este personaxe fainos considerar a posibilidade de ser Doutor en Medicina, aínda que o seus amplos coñecementos sobre os osos tamén nos fan indagar na posibilidade duns estudos en antropoloxía. O resultado da súa investigación é moi importante para o obxectivo dos protagonistas, pois atopan ósos de tres persoas diferentes.

Os Cóengos
Actúan como un coro ao servizo dos intereses do cardeal Payá y Rico. Son personaxes que se mostran moi á defensiva, moi cautelosos. Están en contra das investigacións de Casiano e Don Mauro, aos que tratan con grande desconfianza.


Rosarito e a nai de Casiano
Rosarito é cupletista, moza de Casiano. Tivo un matrimonio infeliz no que sufría malos tratos. A obra fai referencia á situación persoal da muller no século XIX, o seu compromiso matrimonial, inquebrantable a ollos da Igrexa e as saídas laborais escasas a que a muller estaba abocada á hora de se independizar e procurar sustento.
Na obra o fenómeno da violencia de xénero aparece tratado nas perso¬naxes de Rosarito e da nai de Casiano. A actitude das dúas mulleres, un¬has sufridoras en silencio por mor do que dirán e do que impón a Igrexa e a outra con capacidade para se enfrontar, cos poucos recursos que posúe, á situación, levan a unha lectura distinta do feito. A actitude valente de Rosarito é reprobada pola Igrexa católica, que considera o matrimonio indisoluble e, polo tanto, só entende a abnegación e a renuncia ao amor tras o fracaso deste. Como contrapunto, Casiano, de actitude librepensa¬dora, cuestionará a validez desa verdade do dogma aceptada por todos e atreverase a desafiar ao seu tío, quen amosará unha actitude desconfiada e crítica cara a unha muller á que non coñece pero que non se comporta dentro dos mandamentos da Igrexa. A evolución do seu pensamento fara¬se patente cando, ao final da obra, Don Mauro amose unha mirada máis comprensiva e aberta e un cariño franco cara a Rosarito, cuxa voz, pro¬fundamente humana e sensual, prefire ao sacramento da extrema unción para se despedir do mundo e asumir o último transo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario